messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Peto de ánimas de Vilachán Peto de ánimas

  • Tomiño, Vilachán Neighbourhood. Rúa Salgosa, -
  • Coordenadas:41.990268, -8.761244
Peto de ánimas situado no Barrio de Vilachán, na rúa Salgosa á altura da coñecida como «Casa da Raíña». Encóntrase encaixado nun muro á beira da estrada. Actualmente só se conserva a estrutura, e carece de retablo, marcas ou inscricións. Esta formado por un piar que serve de base a unha mesa sobre a que se apoia unha capela de cuberta curva. O peto remataría cunha cruz que non se conserva.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Fernández de la Cigoña, Estanislao: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Vigo: Ir Indo, 1998. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan: «Petos de Ánimas ou esmoleiros de Tomiño», en Asociación de Veciños da Aurora. Boletín Informativo Cultural. Tomiño.