Patrimonio etnográfico
Lavadoiro do barrio da Fonte Lavadoiro
- Figueiró, A Fonte Neighbourhood., S. XX
- Coordenadas:41.963299, -8.776732
O lavadoiro do barrio da fonte encóntrase a carón da estrada, a un nivel máis baixo polo que se accede a través dunhas pequenas escadas. Presenta tellado a catro augas cuberto con tella sobre estrutura demadeira, apoiada en catro piares de granito. O depósito ten planta rectangular e tamén está construído en
granito. Conta con grandes lousas de pedra inclinadas nos lados maiores, con desgastes propios do paso do tempo e do uso. Recibe a auga da fonte coa que fai conxunto, que polo que parece, levaba unha cartela, na súa fronte, hoxe desaparecida.