Patrimonio etnográfico
Lavadoiro de Riás Lavadoiro
- Piñeiro, Riás, S. XX
- Coordenadas:42.022428, -8.700854
Lavadoiro de planta rectangular construído en granito. Conta con cuberta soportada por piares de pedra, e con dous dos seus lados murados. Forma conxunto cunha fonte, da que recibe a auga, e cunha poza, na que a desauga.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de Barrantes e Pinzás (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do IX Congreso Galego de Cruceiros, 2018. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 4, Tomiño.