messages.go_to_page_content
Distinguished trees

Carballos da nacente do Pego Carballo

  • Tree Autóctona
  • Species: Quercus robur L.
  • Trunk circumference: Ex1: 2,56 m; Ex2: 2,36 m
  • Height: 19,9 m, Ex2: 20,0 m
  • Parish: Barrantes
  • Coordinates: 42.025037, -8.772749
Trátase de dous exemplares distanciados case un cento de metros, pero enclavados nunha área con notable riqueza de especies remanentes da vexetación forestal natural do territorio, circunstancia que motiva a súa catalogación. Nesta mesma zona de paisaxe tradicional de sebes e campos, na cabeceira do río do Pego por baixo de Cristelos, medran tamén as tres abeleiras catalogadas, xunto a plantas características destas carballeiras, algunhas moi vistosas e pouco comúns no concello (Polygonatum odoratum, Hypericum androsaemum, Aquilegia vulgaris...). Os dous exemplares posúen troncos dereitos, cubertos por brións e plantas epífitas (couselos, fentos Polypodium...). A ramificación e formación da copa concéntrase a partir dos cinco metros de altura, no segundo exemplar claramente motivada por unha demouca.

Bibliography: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.