messages.go_to_page_content
Distinguished trees

Carballo de Vilameán Carballo

  • Tree Autóctona
  • Species: Quercus robur L.
  • Trunk circumference: 3,80 m
  • Height: 17,3 m
  • Crown:280 m2
  • Parish: Vilameán
  • Coordinates: 42.025742, -8.740301
Medra no Adro da festa xunto á igrexa de Vilameán, nunha praza recentemente transformada, obra que levou a reencher e soterrar entre 3 e 4 metros do tronco orixinal da árbore. Medra só, sen ningunha competencia, polo cal crea unha copa arredondada e harmoniosa a partir de tres brazos nos que se divide o fuste principal a pouco máis de 2 m do chan. Aínda que presenta boa vitalidade, ten pavimentado case todo o chan ao redor do seu tronco, polo que a súa viabilidade está moi comprometida a medio prazo. Desde 1990, a veciñanza de Vilameán réndelle homenaxe coa celebración da Festa do Carballo, na terceira fin de semana de outubro. Nese ano seica se celebraba o suposto bicentenario da árbore, plantada en 1790 con «alcacias» e varios «robles», que foron secando e se foron cortando até deixar só ao carballo

Bibliography: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.