Distinguished trees
Carballo da casa do Vinclo Carballo
- Tree Autóctona
- Species: Quercus robur L.
- Trunk circumference: 3,00 m
- Height: 16,3 m
- Crown:300 m2
- Parish: Santa María de Tebra
- Coordinates: 42.040236, -8.729489
Un dos carballos máis bonitos de Tomiño, con enorme copa globosa favorecida pola ausencia doutras árbores próximas, conformada por máis dunha ducia de grandes pólas que parten radialmente a diferentes alturas dun toro principal. Apenas se aprecian sinais de podas máis que en ramas baixas, tanto da parte norte que crece cara á casa grande da quinta do Vinclo como na vertente sur, sobre un camiño público entre viñedos.
Bibliography: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.