Distinguished trees
Carballo da Atalaia Carballo
- Tree Autóctona
- Species: Quercus robur L.
- Trunk circumference: 3,00 m
- Height: 21,6 m
- Crown:270 m2
- Parish: Goián
- Coordinates: 41.952213, -8.749021
Árbore de espléndida e redondeada copa, que se localiza máis próxima á beira do Miño (apenas 15 m) que ao alto do lugar arqueolóxico da Atalaia. Neste último espazo, liberado recentemente dos eucaliptos que o cubrían, medra outro carballo notable (perímetro normal 233 cm), se ben non foi seleccionado para o presente Catálogo. Coa construción da ponte da Amizade, o carballo senlleiro ficou doutro lado da vía con respecto á propia Atalaia, na marxe dunha pista de terra pola que se accede baixo a ponte. As pólas baixas vense frecuentemente afectadas pola poeira derivada do tránsito de vehículos nesa pista.
Bibliography: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.