Patrimonio etnográfico
Peto de ánimas na Igrexa parroquial Peto de ánimas
- Piñeiro, Igrexa parroquial, -
- Coordenadas:42.01634, -8.69934
Peto de ánimas situado diante da Igrexa Parroquial de San Salvador de Piñeiro. Encóntrase encaixado no muro do seu adro. Esta formado por un pedestal prismático que serve de base a un mesado sobre o que apoia unha capela con cuberta a dúas augas de perfil curvo. No interior da fornela leva o caixón para as esmolas con cuberta de ferro. Carece de retablo, marcas ou inscricións O peto remata cunha cruz de sección cuadrangular apoiada nunha grande cuncha.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de San Salvador de Piñeiro (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do X Congreso Galego de Cruceiros, 2020. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan C.: «Petos de ánimas ou esmoleiros de Piñeiro», en Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 5, Tomiño.