messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Peto de ánimas dos Medos Peto de ánimas

  • Estás, Os Medos, 1908
  • Coordenadas:41.970229, -8.764867
Peto de ánimas realizado en cantería. Atópase pegado ao muro dunha casa no lugar dos Medos. Conta cunha base rectangular, a modo de pedestal sobre a que apoia a capela. Esta conta con tellado a dúas augas e ten unha cruz de brazos rectos e arestas rebaixadas como remate. Presenta un nicho con arco de medio punto que acolle o retablo de madeira con restos de policromía, moi deteriorada, e na parte baixa o peto para as esmolas con tapa de ferro. Sobresae un mesado de perfil convexo. Na parte superior frontal leva gravado o ano «1908».

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santiago de Estás (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VI Congreso Galego de Cruceiros, 2015. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 1, Tomiño.