Patrimonio etnográfico
Peto de ánimas do Xibao Peto de ánimas
- Tomiño, Xibao, S. XX. 1900
- Coordenadas:41.981031, -8.758084
Peto de ánimas situado no lugar do Xibao. Preséntase apoiado sobre un muro de cachotería triangular cunha pía de auga bendita á súa dereita. Sobre unha base prismática, a modo de pedestal, con decoración de molduras, apóiase o mesado que dá paso a unha pequena capela con fornela protexida por unha reixa de ferro. No interior encóntrase o peto para as esmolas. Remata cunha cruz, que semella non ser a orixinal.
No pedestal podemos ler unha inscrición gravada que di: « RECUERDO/ DE/ JUAN B DOMINGUEZ/ Y SU ESPOSA» e máis abaixo, «1900».
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Fernández de la Cigoña, Estanislao: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Vigo: Ir Indo, 1998. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan: «Petos de Ánimas ou esmoleiros de Tomiño», en Asociación de Veciños da Aurora. Boletín Informativo Cultural. Tomiño.