Peto de ánimas do Cotro
- TOM-PE-09
- Tomiño
- O Cotro
- S. XIX-XX/
- Corrdenadas: 41.973143, -8.748631
Situado no muro dunha finca, na estrada vella a Vilardematos, no lugar do Cotro, xusto no linde coa parroquia de Forcadela, encontramos un monumental peto de ánimas realizado en granito. No corpo principal conta cunha gran fornela, que segundo parece, antigamente, acollía un retablo de madeira coas ánimas.
Debido ao seu estado de conservación foi substituído por un novo, feito por Antúnez Pousa. Neste caso
podemos ver unha representación das ánimas entre as lapas baixo un Cristo Crucificado.
A parte superior remátase cun frixo liso con cornixa moldurada sobre a que se dispoñen dous grandes vasos decorativos que franquean unha cruz de brazos cilíndricos.



