messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Peto de ánimas do Cemiterio Peto de ánimas

  • Goián, Cemiterio, S. XIX-XX
  • Coordenadas:41.945886, -8.777355
Peto de ánimas realizado en pedra. Presenta unha capela con nicho de arco de medio punto que acolle un relevo da Virxe co neno. Na súa parte superior conta cunha moldura triangular rematada por unha gran cuncha sobre a que se dispón unha cruz exenta. Apóiase sobre unha pedra cuadrangular, a modo de mesa con reixa, que descansa á súa vez sobre un basamento de cachotería. Situábase a carón da porta de entrada do cemiterio e posteriormente trasladouse ata o lugar actual. Segundo apuntan os veciños foi mandado construír por Anastasio Troncoso nos anos en que se realizou o cemiterio (1893-1910).

Bibliografía: Fernández de la Cigoña e Núñez, Estanislao: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Vigo: Ir Indo, 1998. Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de San Campio de Figueiró e San Cristovo de Goián (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 3, Tomiño.