Patrimonio etnográfico
Peto de ánimas do barrio do Lago Peto de ánimas
- Figueiró, Barrio do Lago, -
- Coordenadas:41.961010, -8.768044
Peto de ánimas situado no barrio do Lago. Encóntrase apoiado nun muro á beira do camiño. Está realizado en granito cun marcado carácter vertical. Sobre unha base rectangular sobresae unha repisa convexa, a modo de mesado, onde podemos ver o oco para as esmolas. O nicho cuberto con arco de medio punto, protexido por unha reixa, acolle o retablo coas ánimas entre lapas e as iniciais «MFM» na parte baixa.
A capela remata nun frontón de perfil ondulante coroado por un pináculo que soporta a cruz.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña e Núñez, Estanislao: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Vigo: Ir Indo,1998. Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de San Campio de Figueiró e San Cristovo de Goián (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural. Tomiño. Freiría, Eduardo: «Peto de ánimas de Lago». Patrimonio Galego. http://patrimoniogalego.net/index.php/40367/2013/04/peto-de-animas-de-lago-3/