messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Peto de ánimas do barrio de Soutelo Peto de ánimas

  • Goián, Barrio de Soutelo, 1915
  • Coordenadas:41.956729, -8.777524
Situado no barrio de Soutelo, este peto de ánimas presenta un nicho con arco de medio que acolle un pequeno retablo de madeira policromada coas ánimas entre as lapas. Destaca a figura dun bispo na parte central. Debaixo represéntase a escena que motivou o nome co que é coñecido o peto: un neno de xeonllos cun can que está a trabarlle na man. Segundo parece foi construído por unha promesa dos pais do neno para que non contraese a rabia. O resto está realizado en pedra. Consta de dúas partes, a superior rematada por unha moldura curva sobre a que se dispón unha cruz exenta de sección cadrada, e na que podemos ler a data de construción «AÑO D1815» e a inscrición «PASAJEIOAYDNS/ARDIENDOYQEIV/ VAYASCORIENDO/YNDARLIMOSNA», e unha inferior, na que continúa a inscrición «ADVOCIOND/ JUANANTº/ D UM». Encóntrase, actualmente, resgardado por una construción de cemento a modo de capela que o protexe, e no seu interior, flanqueando o peto, ten dous pequenos fornelos que son usados para colocar as candeas.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña e Núñez, Estanislao: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Vigo: Ir Indo, 1998. Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de San Campio de Figueiró e San Cristovo de Goián (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 3, Tomiño.