Patrimonio etnográfico
Peto de ánimas do barrio da Calle ou das do Correo Peto de ánimas
- Goián, Barrio da Calle, S. XIX-XX
- Coordenadas:41.945087, -8.769623
Almiña de cantaría. Presenta unha capela apoiada sobre unha ménsula labrada e rematada na súa parte superior por unha moldura de perfil ondulante, decorada na parte interior central cunha cruz en relevo. O nicho de arco de medio punto acolle un caixón para as esmolas con peche de cadeado, que vai decorado que vai decorado coa representación de tres almiñas entre as lapas, moi desgastadas polo paso do tempo e o óxido. Encóntrase encaixado no muro da casa coñecida como a «das do Correo», nome polo que tamén é coñecido este peto de ánimas.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña e Núñez, Estanislao: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Vigo: Ir Indo, 1998. Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de San Campio de Figueiró e San Cristovo de Goián (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 3, Tomiño.