Peto de ánimas do alto do Cotro
- TOM-PE-07
- Tomiño
- Alto do Cotro
- -
- Corrdenadas: 41.975282, -8.749697
No lugar do alto do Cotro, sitúase a estrutura dun antigo peto de ánimas encaixado no muro dunha finca.
Está formado por unha capeliña de granito con desgastes propios do paso do tempo, pero que non conserva o retablo interior. A base soluciónase cun piar rectangular no que podemos ver, aínda que moi erosionada, unha inscrición que hoxe non se pode ler, pero que no artigo dos «Petos de ánimas ou esmoleiros de Tomiño» transcríbese parte do texto que nese momento polo visto era lexible: «pasagero que vas por el
camino... ánimas».

