messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Peto de ánimas de Vilachán Peto de ánimas

  • Tomiño, Vilachán, -
  • Coordenadas:41.987785, -8.763300
Peto de ánimas situado no Barrio de Vilachán. Encóntrase pegado ao muro dunha casa á beira da estrada. Actualmente só se conserva a estrutura exterior e carece de retablo, marcas ou inscricións. Está formado por un piar que serve de base a unha mesa sobre a que se apoia unha capela con cuberta a dúas augas de perfil curvo. O peto remata cunha cruz de sección romboidal e extremos florais con botón central, que se eleva sobre dúas volutas.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Fernández de la Cigoña, Estanislao: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Vigo: Ir Indo, 1998. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan: «Petos de Ánimas ou esmoleiros de Tomiño», en Asociación de Veciños da Aurora. Boletín Informativo Cultural. Tomiño.