messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Peto de ánimas de Paredes Peto de ánimas

  • Tomiño, Paredes, S. XX
  • Coordenadas:41.974293, -8.757379
Peto de ánimas situado no lugar de Paredes, na parroquia de Santa María de Tomiño. Encóntrase encaixado nun muro, e para acceder a el temos que subir tres chanzos. Conta cunha base rectangular que recolle a petición: «PASAJERO/ QUE VAS/ DE CAMINO/ ACUERDATE/ DE/ NUESTRAS/ PENAS». Sobre esta base, aséntase a capela co retablo de pedra, no que podemos ver a tres relixiosos entre as chamas coas palmas das mans unidas en oración. Sobre eles dous anxos e o Espírito Santo en forma de Pomba. A capela remata cunha forma triangular de bordes sinuosos, coroada por unha cruz de ferro.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santiago de Estás (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VI Congreso Galego de Cruceiros, 2015.