Patrimonio etnográfico
Peto de ánimas da Salgosa Peto de ánimas
- Tomiño, A Salgosa, S. XX. 1914
- Coordenadas:41.991500, -8.760802
Peto de ánimas situado no lugar da Salgosa, a un lado da estrada, e apoiado no muro dunha finca. Xusto por diante pasa un regato que dificulta o acceso. Está realizado en granito e na capela, na parte superior frontal, leva decoración floral gravada e a data, moi erosionadas. A Capela ten cuberta a dúas augas e remata nunha cruz de sección romboidal. O peto para as esmolas encóntrase no interior da fornela, que conta cun peche de ferro.
Sobresae o mesado de perfil semicircular baixo o que se encontra a base en forma de piar prismático con inscrición gravada, e tamén bastante erosionada, na que se pode ler: «ROSALIA MENDEZ».
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Fernández de la Cigoña, Estanislao: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Vigo: Ir Indo, 1998. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan: «Petos de Ánimas ou esmoleiros de Tomiño», en Asociación de Veciños da Aurora. Boletín Informativo Cultural. Tomiño.