Patrimonio etnográfico
Peto de ánimas da praza do Mosteiro Peto de ánimas
- Barrantes, Praza do Mosteiro, S. XX
- Coordenadas:42.01505, -8.76371
Peto de ánimas realizado en pedra. Presenta unha capela de remate semicircular con nicho de arco de medio punto, que acolle un relevo coas ánimas entre as que se sitúa un Cristo rucificado. Situase na praza do Mosteiro, preto da igrexa parroquial, e foi realizado segundo contan os veciños cara ao ano 1982 por encargo do párroco don Cándido, para substituír outro máis antigo.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de Barrantes e Pinzás (Tomiño-Pontevedra)», Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do IX Congreso Galego de Cruceiros, 2018. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan Carlos: «Petos de ánimas ou esmoleiros das parroquias de Barrantes e Pinzás», en Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 4, Tomiño.