Patrimonio etnográfico
Peto de ánimas da Pedra do Couto Peto de ánimas
- Estás, Pedra do Couto. O Outeiro, 1913
- Coordenadas:41.976388, -8.762564
Peto de ánimas situado no lugar da Pedra do Couto. Encóntrase pegado a un muro. Está realizado en granito e conta cunha base rectangular co texto «CAROLINA VICENTE». A capela ten cuberta a dúas augas. Sobre esta disponse unha gran cruz de sección cuadrangular e esquinas rebaixadas. Na fronte leva gravada e pintada a data 1913. No interior da fornela encóntranse un pequeno retablo de madeira pintado e a caixa das esmolas, protexida por unha reixa, a modo de porta.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santiago de Estás (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VI Congreso Galego de Cruceiros, 2015. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 1, Tomiño.