Patrimonio etnográfico
Peto de ánimas da Gandariña Peto de ánimas
- Estás, A Gandariña, S. XIX-XX
- Coordenadas:41.976388, -8.762564
Peto de ánimas realizado en granito. Sitúase no barrio da Gandariña, pegado a un muro. Ten forma rectangular con remate mixtilíneo na parte superior, que se coroa cunha cruz de ferro. No interior da fornela consérvase, en moi mal estado, un pequeno retablo de madeira con restos de policromía, pero non se aprecian os motivos.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santiago de Estás (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VI Congreso Galego de Cruceiros, 2015. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 1, Tomiño.