messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Peto de ánimas da Casa do Castillón Peto de ánimas

  • Tomiño, Camiño Novo, S. XX. 1946
  • Coordenadas:41.995271, -8.74184
Peto de ánimas realizado en cantería coñecido como «Peto de ánimas da Casa do Castillón». Encóntrase encaixado nun muro, e está formado por unha base cuadrangular con inscrición «PROMESA/DE/ DOLORES/VAZQUEZ/ A LAS ANIMAS/ BENDITAS». A capela que contén o retablo é sinxela, dunha soa peza e con remate superior semicircular. Na súa fronte, na parte superior, leva unha cruz e podemos ler «1946/ANO», e no interior da fornela un retablo de madeira coas ánimas e Cristo Crucificado. O peto das esmolas, situado baixo o arco, ten a cuberta metálica.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Fernández de la Cigoña, Estanislao: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Vigo: Ir Indo, 1998. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan: «Petos de Ánimas ou esmoleiros de Tomiño», en Asociación de Veciños da Aurora. Boletín Informativo Cultural. Tomiño.