Patrimonio etnográfico
Peto de ánimas. Peto de ánimas
- Barrantes, Igrexa parroquial, 1783
- Coordenadas:42.0151, -8.76284
Peto de ánimas realizado en cantería dunha soa peza. Presenta unha capela con nicho de arco de medio punto dobre, sen imaxe no interior. A parte superior remata cunha cruz exenta de sección cuadrangular. Presenta unha inscrición gravada na pedra que apenas se pode ler ao encontrarse moi erosionada e cuberta por musgo. Aínda así, se pode enxergar a data 1783, e segundo se recolle no Boletín da Asociación da Aurora, no artigo dedicado á parroquia de Barrantes, podíase ler «ESCUDO DE ANIMAS...1783» . Sábese que este non foi o seu emprazamento orixinal, e hoxe está en desuso e un pouco escondido pola vexetación.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de Barrantes e Pinzás (Tomiño-Pontevedra)», Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do IX Congreso Galego de Cruceiros, 2018. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan Carlos: «Petos de ánimas ou esmoleiros das parroquias de Barrantes e Pinzás», en Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 4, Tomiño.