messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Peto das ánimas de Estás Peto de ánimas

  • Estás, A Igrexa, S. XX
  • Coordenadas:41.974526, -8.761634
Peto de ánimas realizado en granito. Actualmente sitúase diante do Centro Cultural de Estás e está exento, pero antigamente formaba parte dun muro. Ten forma rectangular con remate a modo de frontón mixtilíneo sobre o que se dispón unha cruz de ferro. Presenta unha fornela cuberta por arco de medio punto que acolle un retablo de granito esculpido. Segundo parece este non é o orixinal. Represéntase as ánimas entre as chamas, presididas por un bispo coroado polo Espírito Santo en forma de pomba.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santiago de Estás (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VI Congreso Galego de Cruceiros, 2015. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 1, Tomiño.