Patrimonio etnográfico
O cruceiro do Camiño do Xosé do Pisco Cruceiro
- Tomiño, Barrio da Gándara, S. XX
- Coordenadas:41.987758, -8.756720
O cruceiro do Camiño do Xosé do Pisco sitúase no Barrio da Gándara. Presenta unha base cadrada de bordes superiores rebaixados. O fuste é liso, de sección cuadrangular. Está rematado por un capitel de molduras rectas que soportan unha cruz de brazos romboidais, con remates florais e botón central.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017.