messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Muíños do Porto Conxunto de muíños e fonte

  • Vilameán, O Castro, S. XVIII-XIX
  • Coordenadas:42.02757, -8.74486
O conxunto dos Muíños do Porto estaba integrado por oito muíños dos que, no ano 2010, foron restaurados cinco (O Muíño Pequeno, O de Abaixo, O do Medio, O da Viña e O Muíño de Amadeo) pola Asociación de Veciños de Vilameán. Estes muíños seguen o curso do regato do Picoto. Foron construídos no século XIX. Na mesma zona consérvase unha fonte de pedra datada no s. XVIII. Presentan planta rectangular, e están realizados con cachotería e perpiaños irregulares, máis traballados na zona das esquinas e das portas. Todos son dun só inferno e contan con tellados a unha auga, cubertos con tella do país. Algúns conservan ao lado da porta o pousadoiro, e no interior a pedra e o pé da moa.

Bibliografía: Martínez Tamuxe, Xoán e Martínez Barbosa, J.M.: Muíños do Porto en Fervenza: patrimonio etnográfico de Vilameán – Tomiño. Tomiño: Asociación Cultural Muíños do Porto de Vilameán, 2011.