Patrimonio etnográfico
Muíños do Brosque Conxunto de muíños
- Tomiño, O Brosque. O Cotro, Época moderna. S. XVI- XVIII.
- Coordenadas:41.976462, -8.751224
Conxunto de tres muíños na zona do Brosque, no barrio do Cotro. Estarían vinculados ao Pazo do Brosque situado a poucos metros do lugar. Os tres están realizados en cachotería, perpiaño irregular e algunhas pezas de cantería máis traballadas, sobre todo nas zonas de portas e ventás, e lousas de maior tamaño no chan.
Teñen tellado a dúas augas cuberto de tella, froito dunha reforma recente.
Os tres contan cun só inferno, e no interior conservan a moa e o pé da moa, así como marcas de cruces e outros elementos nos muros.
Nos linteis das portas, os dos dous primeiros contan con inscricións: No primeiro: «RENOVADO/ 1737», isto fálanos dunha orixe anterior. No seguinte: a inscrición superior está moi deteriorada en non se pode ler, pero
debaixo leva a data 1832.
Bibliografía: Moure, Mercedes: «O Brosque (Fonte da Vila). Anacos de Historia», en Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural. Tomiño.