messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Muíños da Regueira Conxunto de muíños

  • Tomiño, Sanomedio, S. XIX
  • Coordenadas:41.982100, -8.776378
Conxunto de oito muíños situados na parte baixa do río dos Bravos, na parroquia de Santa María de Tomiño. Son coñecidos como «Muíños da Regueira». Algúns foron recuperados pero outros só conservan os muros exteriores. Presentan planta rectangular, e están realizados con cachotería e perpiaños irregulares, máis traballados na zona das esquinas e das portas. Todos son dun só inferno e contan con tellados a unha e dúas augas. Aqueles que están cubertos, fano con tella do país. Algúns conservan ao lado da porta o pousadoiro, a pedra e o pé da moa ou o rodicio. Encóntranse seguindo o regato dos Bravos. Están identificados cos nomes de: ZAREQUE, BLANCO, PASCUAL, BRAVOS, MEDIO, PASAXE, FIGUEIRÓ e ODATOL.

Bibliografía: