messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Muíños da Gandariña Conxunto de muíños

  • Estás, A Gandariña, S. XIX
  • Coordenadas:41.969789, -8.771141
Conxunto de muíños da Gandariña. No ano 2015 foros recuperados estes cinco muíños. Presentan planta rectangular. Están realizados con cachotería e perpiaños irregulares, máis traballados na zona das esquinas e das portas. Todos son dun só inferno e contan con tellado a dúas augas cuberto con tella do país. Conservan ao lado da porta o pousadoiro. Encóntranse ao lado do regato da Fábrica, na parroquia de Estás.

Bibliografía: Referencia 01513 no Arquivo da Imaxe de Tomiño. Túrodes: «Moinhos da Gandarinha». Patrimonio Galego. http://patrimoniogalego.net/index.php/83718/2016/03/moinhos-da-gandarinha/.