Patrimonio etnográfico
Muíños da Aula da Natureza Conxunto de muíños
- Amorín, Zona Aula Aberta da Natureza do río Furnia, -
- Coordenadas:42.002587, -8.690568
Conxunto de dous muíños situados cerca do inicio do cartel da Aula Aberta da Natureza do río Furnia. Ambos os dous son de planta rectangular cun só inferno. Están realizados con cachotería e perpiaños irregulares, máis traballados nas zonas das esquinas e na porta. Contan con tellado a dúas augas.
Un deles ten unha pedra de moa diante da porta, no chan, a modo de ponte, e o outro unha gran lousa de pedra rectangular. No interior conservan algúns elementos como pés e pedras de moa.
Nun deles podemos ver o rodicio.
Bibliografía: