messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Muíño e ponte do barrio da Ponte Muíño e ponte

  • Forcadela, Barrio da Ponte, S. XV-XIX
  • Coordenadas:41.984818, -8.719144
No barrio da Ponte consérvase un conxunto de gran valor etnográfico conformado por unha ponte medieval e un muíño. A ponte, soportada por un arco de medio punto, está realizada con perpiaños irregulares máis traballados na zona do intradorso. Salva o tramo final do río Cereixo da Briña, no antigo camiño de Tui á Guarda. Foi construída entre os séculos XV e XVI. O muíño é unha construción de planta rectangular a base de cachotería e perpiaños irregulares, máis traballados nas esquinas e nas zonas de portas e ventás. Conta con tres infernos e aínda conserva os pés e as pedras de moa no seu interior

Bibliografía: Referencia 001472 do Arquivo da Imaxe de Tomiño. Franco, Óscar: «Muíño da Ponte».Patrimonio Galego, 2017. patrimoniogalego.net. http://patrimoniogalego.net/index.php/89807/2017/05/muino-da-ponte-4/