Patrimonio etnográfico
Muíño e fonte do Pedro Muíño e fonte
- Goián, Barrio de Santiago de Tollo,
- Coordenadas:41.939410, -8.781714
O muíño e a fonte coñecidos como «do Pedro» complétanse cunha poza artificial, hoxe sen uso. O muíño encóntrase en estado de total abandono. No interior conserva unha pedra de moa apoiada nunha das súas paredes. Está construído en cachotería con cuberta a dúas augas.
Na porta pódense ver diferentes signos lapidarios, como cruces. A fonte, situada na parte traseira, leva a data 1954.
Bibliografía: