Muíño do Campo de Abaixo
- GOI-PE-23
- Goián
- -
- Corrdenadas: 41.944737, -8.791920
Coñecido como Muíño do Campo de Abaixo. Esta construído en cachotería lucida. Tiña cuberta a unha soa auga de fibrocemento e tella cerámica. Hoxe está parcialmente caído e presenta faltas importantes na súa estrutura, como a pedra que conformaba o lintel da porta. No seu interior aínda podemos ver como estaba organizado. Conserva a pedra de moa, o pé e as grandes lousas do chan. Nunha das súas esquinas hai unha pequena cheminea.


