Patrimonio etnográfico
Muíño da Rotea Vella. Muíño
- Barrantes, Barrio de Cristelos., -
- Coordenadas:42.0204063, -8.7692131
Foi recentemente restaurado. Construído con cachotería e perpiaños irregulares, máis traballados nas esquinas e na zona da porta. Conta con tellado a unha soa auga, cuberto con uralita, e ten un só inferno. No interior conserva o pé e a pedra da moa. No lado esquerdo da porta sobresae o pousadoiro.
Bibliografía: