Monumento aos indianos
- GOI-PE-18
- Goián
- Exterior do cemiterio de Goian
- Principios do s. XX
- Corrdenadas: 41.945783, -8.777854
Monumento dedicado aos indianos que financiaron o cemiterio. Actualmente conta cunha cruz de remate, pero orixinariamente no seu lugar había unha bóla do mundo, en alusión ás viaxes que tiveran que facer moitos dos veciños da vila.
Presenta base octogonal escalonada sobre a que apoia o piar no que estaban colocadas as placas conmemorativas, unha en cada unha das súas caras, e que foron roubadas. Para protexelo colocouse a reixa metálica que o circunda.