messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Lavadoiro e fonte do Souto Lavadoiro e fonte

  • San Salvador de Tebra, O Souto, -
  • Coordenadas:42.016793, -8.721529
Situado no lugar do Souto, a carón da estrada encóntrase, a un nivel máis alto, este conxunto formado por fonte e lavadoiro con bebedoiro. Está realizado en granito con perpiaños ben traballados. A fonte está encaixada no muro que rodea este espazo. Ten remate de perfil ondulante con frontón curvo baixo o que queda o resto do lugar onte estaba a placa da «Junta de Ayuda a Municipios» cos símbolos da Falanxe e a data (como podemos ver na foto do Arquivo da Imaxe de Tomiño). A fonte uníase ao lavadoiro por unha canle de pedra. Este ten planta rectangular con un muro de separación interior que o divide. Presenta grandes lousas inclinadas nos lados maiores, nos que se aprecian os desgastes propios do uso e do paso do tempo.

Bibliografía: Referencia 00028 do Arquivo da Imaxe de Tomiño.