Patrimonio etnográfico
Lavadoiro dos Eidos de Abaixo Lavadoiro
- Forcadela, Eidos de Abaixo, S. XX. 1952
- Coordenadas:41.979766, -8.728427
Lavadoiro situado na parroquia de Forcadela, no lugar do Eido de Abaixo. Conta con tellado a catro augas cuberto con tella, sobre estrutura de madeira que apoia en seis piares de granito. Leva un dos lados murado e na parte que dá ao camiño unha cartela, bastante deteriorada, coas iniciais «J.A.M» da «Junta de Ayuda al Municipio», o ano 1952 e o símbolo do xugo e as frechas.
O interior encóntrase completamente cuberto de maleza. Estado de abandono.
Bibliografía: