Patrimonio etnográfico
Lavadoiro do Regatiño Lavadoiro
- Goián, Barrio da Centinela, S. XX
- Coordenadas:41.949708, -8.770161
Lavadoiro cuberto de 12 prazas situado na zona do Regatiño. Actualmente non está en uso. Presenta reformas e modificacións de diferentes épocas. A parte máis antiga é a que se corresponde co lavadoiro propiamente, que está realizado en pedra, con desgastes que acusan o paso do tempo. En canto á cuberta, esta é de factura máis recente. Conta con piares de cantaría e outros de ladrillo, cunha zona resaltada de perfil mixtilíneo onde levaba unha placa da «Obra Social del Movimiento» coa data de1953 e o escudo da falanxe.
Bibliografía: Biblioteca Deputación Pontevedra, FO33.5.2. - Fondo ADP-Xunta de Axuda a Municipios. https://atopo.depo.gal/Record/bib.140347. Referencia 00033 do Arquivo da Imaxe de Tomiño.