messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Lavadoiro do Ramo Lavadoiro

  • Forcadela, O Ramo, S. XX. 1951
  • Coordenadas:41.980493, -8.739969
Lavadoiro situado no lugar do Ramo, na parroquia de Forcadela. Presenta tellado a catro augas con cuberta de tella soportado por unha estrutura de madeira e piares de pedra. Conta con muros baixos en tres dos seus lados. Nun deles leva unha cartela coa data 1951 e unha abertura por onde vai a canle da auga. O depósito é de base cuadrangular realizado en granito, con grandes lousas, inclinadas nos lados maiores, para lavar a roupa. As lousas presentan desgastes propios do uso e do paso do tempo.

Bibliografía: