messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Lavadoiro do Outeiro Lavadoiro

  • Amorín, Outeiro, barrio de Arrotea, S. XX, 1952
  • Coordenadas:42.000225, -8.677851
Lavadoiro con tellado a catro augas con armazón de madeira e cuberto con tella. Apoia sobre piares de pedra de sección cuadrangular. O depósito é de planta rectangular con división central, creando dous espazos a diferente altura. Está realizado en granito con grandes lousas inclinadas en tres dos seus lados. Recibe a auga polo oco situado na parte máis elevada e desauga pola baixa, ata chegar a unha poza de auga, actualmente, estancada. Nun dos piares leva unha placa con inscrición gravada J.A.M (Junta de Ayuda al Municipio), o símbolo do xugo e as frechas, xunto co ano 1952.

Bibliografía: