messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Lavadoiro de Sanomedio Lavadoiro

  • Tomiño, Sanomedio, S. XX. 1950
  • Coordenadas:41.985160, -8.770742
Lavadoiro con cuberta a catro augas sobre catro piares de granito. Conta cun depósito cuadrangular do mesmo material, con división central, froito dunha reforma posterior, con teselas cerámicas. Recibe a auga dunha fonte a través dun canal. Está pechado por dous dos seus lados cun muro pintado. Encóntrase en estado de abandono. Na parte frontal da fonte leva unha cartela en mármore branco, coa data 1950, e as iniciais J.A.M. (Junta de Ayuda a Municipio ) xunto co escudo da falanxe.

Bibliografía: Referencia 00058 do Arquivo da Imaxe de Tomiño.