messages.go_to_page_content

Lavadoiro da Gándara

  • TOM-PE-20
  • Tomiño
  • Barrio da Gándara
  • S. XX
  • Corrdenadas: 41.93261401502419, -8.805112844487553
Lavadoiro cuberto situado no lugar da Gándara, entre a estrada e o río Pego, do que recibía a auga. Actualmente encóntrase en estado de abandono e medio soterrado. Conta cunha cuberta plana soportada por oito piares de granito. Aprécianse intervención de diferentes épocas e con diferentes materiais. A parte máis antiga semella ser a do lavadoiro que está formado por un depósito de granito con división central de ladrillos. Conserva as grandes lousas de pedra inclinadas para lavar, que son as que presentan unha maior erosión froito do uso. No arquivo da imaxe de Tomiño* consérvase unha foto na que a cuberta tiña unha placa coa inscrición J.A.M e o ano 1952, como moitos outros do concello.