messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Lavadoiro da Fonte da Cal Lavadoiro

  • Amorín, Barrio de Arrotea, S. XX
  • Coordenadas:41.996215, -8.687063
Lavadoiro cuberto con tellado plano de cemento apoiado en piares de pedra. Leva dous dos lados murados. O depósito ten planta rectangular e está realizado en granito. Conta con grandes lousas inclinadas en dúas das súas caras, que presentan desgastes propios do uso e do paso do tempo. Completan o conxunto un canal en pedra, unha fonte e unha poza, que o alimenta. É coñecido como Lavadoiro da Fonte da Cal.

Bibliografía: