messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Fonte do Regatiño Fonte

  • Goián, Regatiño., Principios do s. XX
  • Coordenadas:41.948997, -8.771635
Fonte situada na avenida de Brasil, na zona do Regatiño. Foi construída a comezos do século XX e financiada polos indianos que buscaban a mellora da súa parroquia. Está realizada en cantería e cercada por unha reixa metálica. A decoración escultórica concéntrase na parte superior, na que podemos ver dous pináculos e un vaso decorativo baixo o que hai unha folla en relevo. Na parte baixa central levaría unha cartela con inscrición que hoxe non é lexible.

Bibliografía: Plan Básico Autonómico (Catálogo Patrimonio). Franco, Óscar: «Fonte en Goián», 2013. Patrimonio Galego. http://patrimoniogalego.net/index.php/40197/2013/04/fonte-en-goian/