Patrimonio etnográfico
Fonte do Pazo Fonte
- Barrantes, Barrio do Pazo, -
- Coordenadas:42.01075, -8.75285
Chamada «Fonte do Pazo» sitúase baixo o nivel da estrada, á súa esquerda indo en dirección á igrexa parroquial. Está rodeada por un muro de cachotería e accédese a ela a través dunhas escadas. A fonte conta cun cano de granito, polo que sae a auga, encaixado nunha parede vertical de bordes redondeados e pináculo central como decoración. Na súa fronte leva unha inscrición gravada, hoxe ilexible.
Bibliografía: