messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Fonte da Balada Fonte

  • Barrantes, Barrio de Cristelos., -
  • Coordenadas:42.031235, -8.767208
Coñecida como «Fonte da Balada» sitúase no barrio de Cristelos, na parroquia de Barrantes, a un lado do camiño e en medio da vexetación. Ten unha estrutura exenta realizada en granito ben traballado. Está formada por unha pía cadrada que recolle a auga e un pequeno muro rematado cun perfil mixtilíneo e apoiado, na traseira, en dous contrafortes. Na súa fronte leva unha inscrición gravada moi deteriorada e ilexible.

Bibliografía: