Patrimonio etnográfico
Esmoleiro do Cotro Esmoleiro
- Tomiño, O Cotro, -
- Coordenadas:41.976592, -8.748496
Peto de ánimas de granito, encaixado nun muro. Sobre unha base de perfil convexo descansa a capela con remate curvo destacado por molduras a dúas augas. Está coroada por unha cruz biselada que se asenta sobre unha cuncha. Por toda a súa fronte leva a inscrición:
“MANDO HACER POR DEVOCION I POR UNOS NAESIA CRUZ Y CAXA DE ANYMAS JOSE E GYRALDEZS Y EN DONACION LA JURYSDYCION DE OMYNDEY»
Pechando a fornela leva un enreixado de ferro que protexe unha imaxe pétrea da Virxe co Neno.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Fernández de la Cigoña, Estanislao: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Vigo: Ir Indo, 1998. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan: «Petos de Ánimas ou esmoleiros de Tomiño», en Asociación de Veciños da Aurora. Boletín Informativo Cultural. Tomiño. Patrimonio galego. http://patrimoniogalego.net/index.php/68081/2015/02/peto-de-animas-do-cotro-ii/