Patrimonio etnográfico
Esmoleiro de Almiñas da Cruz Esmoleiro
- Goián, Barrio da Cruz. Soutelo, 1815
- Coordenadas:41.954750, -8.781693
Esmoleiro realizado en pedra. Presenta unha capela con nicho de arco de medio punto que acolle unha táboa da Virxe dos Remedios (que non é a orixinal). Na súa fronte leva a data gravada e destacada en negro: «AÑO 1815». No lateral esquerdo conserva outra inscrición actualmente moi desgastada que parece dicir
“ADVOZN/DJUAN/ANTº Mº/VSMM», como recolle a revista da Asociación de Veciños da Aurora, que polo que parece, no momento da súa publicación aínda era lexible. Na súa parte superior conta cunha moldura curva destacada sobre a que se dispón unha cruz. A capela apóiase sobre unha pedra cuadrangular encaixada no muro.
Está situado no barrio da Cruz, do que toma o nome, xa que é coñecido como Almiñas da Cruz. Foi movido da súa localización orixinal con motivo do ensanchamento do camiño.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña e Núñez, Estanislao: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Vigo: Ir Indo, 1998. Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de San Campio de Figueiró e San Cristovo de Goián (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 3, Tomiño.