Patrimonio etnográfico
Esmoleiro da Igrexa Esmoleiro
- Estás, A igrexa, S. XX. 1905
- Coordenadas:41.974662, -8.761663
Esmoleiro da Virxe da Peregrina. Sitúase, dende o ano 2005, facendo rotonda diante do Centro Cultural da parroquia de Santiago de Estás.
Sobre una base cilíndrica apoia un pedestal no que descansa o fuste de sección cadrada. Conta cun capitel corintio que serve de apoio á imaxe da Virxe da Peregrina, que no ano 1975 cambia de orientación.
Presenta diferentes inscricións en diferentes zonas do monumento, así como unha placa conmemorativa do centenario no chan.
Debaixo do capitel: «S XX».
Na base: « CONSTRUIDO EL AÑO 1905»/ «UNION DE LOS VECINOS Y CONVECINOS/ DEVOTOS DE LA V DE LA PEREGRINA/SIENDO ABAD D JOSE BARRAL CARBALLO»
O caixón para as esmolas, hoxe sen uso.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santiago de Estás (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VI Congreso Galego de Cruceiros, 2015. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 1, Tomiño. Portela Trigo, José Luis: Monumento a la Santísima Virgen Peregrina su historia, Estás,1982.